DÍA DA POESÍA

Celebramos o día da poesía coa exposición de poemas en diversas linguas (galego, castelán, francés e inglés) polos corredores do centro. Tamén fixemos un pequeno recital de poesía acompañada con música de varios instrumentos. Podedes ver unha mostra nas imaxes que seguen.

A POESÍA NAS ÁRBORES

Con motivo do Día Mundial da Poesía o Equipo de Dinamización da Biblioteca animou a toda a comunidade educativa a participar nunha actividade consistente en escoller un poema de autores/as galegos contemporáneos e traballar sobre el na aula. Ademais, realizouse un recital poético no bosque da escola que estaba engalanado utilizando diversos soportes cos versos elixidos... Seguir lendo →

90/60 TINTIN/ASTÉRIX. ANIMACIÓN

Aquí temos unha animación da exposición que, sobre o dobre aniversario destes famosos personaxes de banda deseñada francesa,ocupa agora mesmo o espazo de exposicións do colexio e que está organizada polo departamento de dinamización da biblioteca de secundaria. A súa autora é a profesora Carolina.

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

A biblioteca do colexio únese á celebración do día de Rosalía proposto pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega). Celebramos a data gravando un vídeo onde varios compañeiros e compañeiras recitan poemas de Rosalía acompañados de pezas musicais interpretadas tamén polo alumnado. Colabora o Departamento de Música (Grazas!)

90/60 TINTIN/ASTÉRIX NAS AULAS DE INGLÉS

As aventuras de Astérix e Obélix están traducidas a máis de 100 linguas. Nesta ligazón podes ver as portadas dalgúns dos álbums destes dous galos en máis de 100 linguas diferentes. Máis abaixo podes ver algunhas delas. Como non podía ser doutro xeito, nas aulas de inglés tamén queren sumarse aos parabéns para Astérix e... Seguir lendo →

90/60 TINTIN/ASTÉRIX. EXPOSICIÓN

Cúmprense 90 anos da publicación do primeiro álbum ilustrado de Tintin e 60 da de Astérix. Con tal motivo, na biblioteca estamos facendo unha mostra que podes visitar no espazo de exposicións do cole. Aquí van unhas fotos:

DÍA DA PAZ

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. Neste día, comprometémonos como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. O 30 de xaneiro celébrase o aniversario da... Seguir lendo →

1 DÍA 1 POEMA

No corredor do cole atoparás un tendedeiro con poemas. Periodicamente renovaremos o seu contido. Atrévete!!!! Leva un como o de Rupi Kaur, por exemplo. Sabías que na biblioteca hai unha chea de libros de poesía?

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos