CONCURSO «SELFIE ANDERSEN» 2019

Captura de pantalla de 2019-04-12 00-04-13

Con ocasión da SEMANA ANDERSEN, o Equipo de Dinamización da Biblioteca de Secundaria convoca o concurso «Selfie Andersen 2019».
PARA PARTICIPAR:
1. Poden participar todos os lectores e lectoras, alumando e profesorado, de ESO.
2.-Escolle unha ilustración dun personaxe ou unha escena dun conto de Hans Christian Andersen.
3. FaI unha fotografía que recree o/a personaxe ou a escena escollida.
4. Presenta a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do conto ao que pertence.
5. Esta fotografía deberá enviarse a bibliotecasecundaria@colexioandersen.es e deberá conter os seguintes datos:
    – Asunto da mensaxe: CONCURSO «SELFIE ANDERSEN» 2019.
    – Corpo da mensaxe: NOME, APELIDOS, CURSO DO/A PARTICIPANTE e TÍTULO DO CONTO no que se inspira o “selfie”. NON ESQUEZAS ACHEGAR A FOTOGRAFÍA!
ELECCIÓN DO/A GANADOR/A:
1. A selección do ganador/a farase de xeito colectivo, de acordo co seguinte procedemento:
2. Un día despois de pechado o prazo de envío das propostas, colgaranse nos taboleiros dos corredores do centro, as fotos enviadas polos/as participantes.
3. O alumnado e profesorado poderá votar un dos “selfie” propostos de acordo coas instrucións que aparecerán nos mesmos taboleiros.
4. O Equipo de Dinamización da Biblioteca procederá ao reconto dos votos e emitirá o fallo o día 3 de maio e será publicado nos taboleiros da biblioteca e no blog da biblioteca de secundaria de forma inmediata.
PRAZOS:
O prazo de envío das fotografías remata o domingo, 12 de maio, ás 23:59 h.
A exposición dos orixinais presentados permanecerá nos corredores do centro do 13 ao 17 de maio.
O fallo do concurso terá lugar o 20 de maio.
PREMIO:
A fotografía elixida estará dotada cun premio consistente en dúas entradas para asistir ao pase dunha película que se proxecte nas salas da cidade de Vigo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos