LETRAS GALEGAS 2017. CARLOS CASARES

O día das letras galegas deste ano estivo adicado á coñecer a figura de Carlos Casares.

O departamento de dinamización da biblioteca de secundaria organizou unha actividade multidisciplinar no que participou todo o alumnado da ESO.

Tratábase de organizarse en grupos de catro (un membro de cada curso) e pasar unha serie de probas que tiñan como fío a este coñecido escritor ourensán.

Os alumnos e alumnas, baixo a premisa do traballo cooperativo, aportaron ao grupo as súas calidades máis destacadas para superar cada unha das probas. Deste xeito, as capacidades individuais puxéronse ao servizo do equipo co obxectivo de acadar o nivel máis alto ao final do percorrido.

A correcta resolución da actividade requiriu a exploración das intelixencias múltiples que derivaban da variada configuración do grupo, xa que exploraban todo tipo de destrezas: manexo das TIC para buscar información sobre Casares, capacidade de comprensión oral e escrita en lingua galega para identificar algunhas características da súa obra; habilidades físicas, por exemplo, para participar nunha carreira lenta subidos á bicicleta de Lolo; lóxicas e matemáticas para resolver diversos enigmas sobre a figura do autor de “Vento ferido”; e tamén a manifestación da expresión artística, necesaria para pintar unha orixinal galiña azul, verde, vermella… ou musical, para acompañar coa percusión duns vasos unha rap inspirado na obra de Carlos Casares.

Comentarios pechados

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos