O 25 de novembro celebramos o Día da erradicación da violencia contra a muller. Toda a comunidade educativa está convidada a visitar a exposición que se desenvolve na planta baixa do edificio de secundaria. O día 25 terá lugar o porfillamento lector mensual que será dedicado á conmemorar este día con lecturas que xirarán ao... Seguir lendo →
EXPOSICIÓN DO DÍA DA ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O día 25 de novembro celebramos o "Día da erradicación da violencia contra a muller" cunha exposición colaborativa. O alumnado e o profesorado do colexio participaron na elaboración e montaxe dunha exposición que pretende denunciar todos os tipos de violencia que sofren as mulleres. Escollemos como protagonista a boneca Barbie, un claro exemplo de estereotipo... Seguir lendo →
SAMAÍN E HALLOWEEN
Celebramos o Samaín/Halloween con diversas actividades terrorificamente divertidas: concerto de defuntos, procesión da Santa Compaña, concurso de dramatizacións arrepiantes de libros de medo, exposición de literatura gótica, decoración de calacús, obradoiros de estimulación sensorial e de maquillaxe, túnel do terror...
PORFILLAMENTO LECTOR
Este curso poñemos en marcha un proxecto de animación á lectura que consiste en que o alumnado de cursos superiores porfillen ao de cursos inferiores mediante a lectura dun conto. Os nosos obxectivos son: Incrementar a motivación pola lectura. Fomentar as relacións interpersoais e o achegamento entre alumnado de idades diferentes. Desenvolver a capacidade de escoita activa.
CONSTRÚE O TEU PROPIO XARDÍN ZEN NA BIBLIOTECA
XARDÍN ZEN セン (Unha construción que conduce á paz interior) Significado O significado dun xardín zen é unha forma física ou representación da filosofía budista zen, a autoavaliación zen, o refinamento espiritual e iluminación. Para gozar dunha agradable sensación de paz e benestar, hai que respirar profunda e lentamente mentres se pasa o angazo... Seguir lendo →
PROXECTO CONSTRUTORES/AS
Ao longo do primeiro trimestre, todo o colexio está inmerso no PROXECTO CONSTRUTORES/AS.
VENCEDORA DO CONCURSO “SELFIE ANDERSEN”
O Equipo de dinamización da biblioteca ten a honra de proclamar como vencedora do concurso Selfie-Andersen á fotografía inspirada no conto "Polgariña" de H. C. Andersen. A autora do selfie é Uxía de 4º de ESO. Cabe destacar que, ademais da propia montaxe, Uxía presentounos a súa fotografía acompañada da ilustración do conto que recreou.... Seguir lendo →
FOTOGRAFÍAS PRESELECCIONADAS NO CONCURSO “SELFIE ANDERSEN”
Xa podes votar polo teu "selfie" preferido. Estes son os mellores traballos presentados (Se pasas o rato pola imaxe, aparecerá o título do conto de Andersen que recrea):
CONCURSO «SELFIE ANDERSEN» 2019
Con ocasión da SEMANA ANDERSEN, o Equipo de Dinamización da Biblioteca de Secundaria convoca o concurso «Selfie Andersen 2019». PARA PARTICIPAR: 1. Poden participar todos os lectores e lectoras, alumando e profesorado, de ESO. 2.-Escolle unha ilustración dun personaxe ou unha escena dun conto de Hans Christian Andersen. 3. FaI unha fotografía que recree o/a... Seguir lendo →
2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo co aniversario do nacimiento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade... Seguir lendo →